José Luandino Vieira
Nome orixinal | (pt) José Luandino Viera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de maio de 1935 (89 anos) República Popular da China |
Actividade | |
Lugar de traballo | Casa dos Estudantes do Império (pt) |
Ocupación | escritor |
Partido político | Unión Soviética |
Pseudónimo literario | José Muimbo José Graça |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
José Vieira Mateus da Graça, nado en Vila Nova de Ourém (Portugal) o 4 de maio de 1935, é un escritor angolano, máis coñecido co pseudónimo de José Luandino Vieira.[1]
En 2021 a AELG nomeouno Escritor Galego Universal.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixinario da vila de Ourém, aos tres anos de idade José Vieira Mateus da Graça, que viria a adotar o nome literário de José Luandino Vieira, viaxou para Angola cos seus pais. Passou toda a infancia e xuventude en Luanda, onde fixo os estudos secundarios. Co estalar da Guerra Colonial, ingresou nas fileiras do MPLA, participando na loita armada contra Portugal. Xa antes estivera detido pola PIDE, por se manifestar contra a ditadura, en 1959; volvería a ser detido en 1961, e tamén condenado a 14 anos de cadea. Até 1964 pasou por varias cadeias en Luanda, até que no último deses anos foi transferido para o campo de concentración do Tarrafal, en Cabo Verde, onde pasou oito anos.
O 21 de maio de 1965, encontrándose Luandino preso, a Sociedade Portuguesa de Escritores, entón presidida por Jacinto do Prado Coelho, deliberou atribuírlle o Grande Prémio de Novela, pola súa obra Luuanda. Despois de que xornais portugueses deron a nova do premio, a Direcção dos Serviços de Censura detectou a gaffe política e prohibiu toda referencia ao premio sen un encadramento crítico cara ao escritor, aos membros do xurado e á proria SPE, cuxa sede foi asaltada e destruída na noite do 21 de maio, supostamento por "descoñecidos", mais na realidade elementos da policía política PIDE e da Legião Portuguesa. Por despacho datado do mesmo día 21 de maio, o Ministro da Educação Nacional, Inocêncio Galvão Teles, extinguiu a Sociedade Portuguesa de Escritores. Na súa edición doe 23 de maio, o Jornal do Fundão deu a nova dos premios, eloxiando fortemente os vencedores, incluíndo Luandino, e recusando toda referencia ao estado na cadea do escritor. En consecuencia, o periódico foi suspendido durante seis meses e multado. Só viría a retomar a normalidade no final de novembro de 1965.[3] Augusto Abelaira foi detido por atribuír, como presidente do xurado, o Grande Prémio da Novelística da Sociedade Portuguesa de Escritores a Luandino Vieira.
En 2009 nunha rara entrevista concedida ao xornal Público, Luandino contou que as noticias do premio chegaran tardiamente ao Tarrafal, pois o director do campo de detención retardou a información. Como o escritor estaba imposibilitado de candidatar a obra, ben como o seu editor, foi con sorpresa que percibiu que a obra fora, mesmo así, distinguida, grazas á intervención do crítico literario Alexandre Pinheiro Torres.[4]
Saíu en réxime de liberdade condicional en 1972, pasando a vivir en Lisboa, suxeito a medidas de residencia vixiada. Foi traballar co editor Sá Costa (até a Revolución de Abril) e iniciou a publicación da súa obra, escrita, na gran maioría, nas prisións por onde pasou.
En 1975 regresou a Angola e ocupou diferentes cargos no réxime da independente República Popular de Angola.
A Asemblea Xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)[5], celebrada o 13 de marzo de 2021, recoñéceo como escritor galego universal.
Cargos que exerceu
[editar | editar a fonte]- 1975 - 1978 - Organizou e dirixiu a Televisão Popular de Angola
- 1979 - Dirixiu o Departamento de Orientação Revolucionária do MPLA.
- 1975 - 1980 - Secretario Xeral da União dos Escritores Angolanos (Membro Fundador)
- 1979 - 1984 - Dirigiu o Instituto Angolano do Cinema.
- 1979 - 1984 - Secretario Xeral Adxunto da Associação dos Escritores Afroasiáticos
- 1985 - 1992 - Secretario Xeral da União dos Escritores de Angola
Nas eleccións de 1992, porén, desilusionado co reinicio da guerra civil angolana, Luandino Vieira acabou por regresar ao seu país natal. Estableceuse nunha zona rural do Minho, próxima de Vila Nova de Cerveira.
Premio Camões
[editar | editar a fonte]En 2006 concedéuselle o Premio Camões, o galardón máis prestixioso da literatura en lingua portuguesa, mais rexeitouno, alegando "Motivos íntimos e persoais" segundo un comunicado de imprensa. Entrevistas posteriores, sobre todo ao Jornal de Letras, esclareceron que o autor non aceptara o premio por se considerar un escritor morto e, como tal, entendía que o mesmo debería ser entregado a alguén que continuase a producir. Aínda así publicou dous novos libros en 2006.
Cando se lle deu o premio vivía como un franciscano e completamente sen nada material nun pequeno cuarto onde realizaba todas as súas actividadesː vive completamente despoxado de bens materiaies e tocando a pobreza.[6]
Traxectoria como escritor
[editar | editar a fonte]Pertenceu á xeración angolana da "Cultura" entre 1957 e 1963. A súa escrita é orixinal, usa o falar crioulo e subversivo da linguaxe para dar un retrato máis realista ás súas personaxes, enriquecéndoas e conferíndolles a expresión viva e colorida das xentes o dos lugares pobres que retrata.[7]
Obras
[editar | editar a fonte]Contos
[editar | editar a fonte]- A cidade e a infância (1957). En 2017, A Bela e o Monstro.
- Duas histórias de pequenos burgueses (1961)
- Luuanda (1963). En 2004, en 2015 Editorial Caminho. En 2017, A Bela e o Monstro.
- Vidas novas (1968). En 2007 Editorial Caminho.
- Velhas histórias (1974). Edições 70. En 2006 Editorial Caminho.
- Duas histórias (1974)
- No antigamente, na vida (1974). En 1980 Edições 70. En 2005 Editorial Caminho.
- Macandumba (1978). Edições 70. En 2005 Editorial Caminho.
- Lourentinho, Dona Antónia de Sousa Neto & eu (1981). Edições 70. En 2006 Editorial Caminho.
- História da baciazinha de Quitaba (1986)
- Fábulas angolanas (2019). Letras e Coisas. Linóleos de Alberto Péssimo. 7 pequenas estórias, ou fábulas, ou micro-contos que xa tiñan sido publicadas.
Novela curta
[editar | editar a fonte]- A vida verdadeira de Domingos Xavier (1961). En 2006 Editorial Caminho.
- João Vêncio. Os seus amores (1979). Editorial Caminho en 2004.
Novelas
[editar | editar a fonte]- Nosso Musseque (2003). Editorial Caminho. Escrito na prisión da PIDE en Luanda entre decembro de 1961 e abril de 1962.
- Nós, os do Makulusu (1974). Sá da Costa. En 1985 Edições 70.
- O livro dos rios, 1º volume da triloxía De rios velhos e guerrilheiros (2006). Editorial Caminho.
- A Vida Verdadeira de Domingos Xavier (2017). Leya
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A guerra dos fazedores de chuva com os caçadores de nuvens. Guerra para crianças (2006). Editorial Caminho.
- Kaxinjengele e o Poder (2008). Letras e Coisas.
- Puku Kambundu e a Sabedoria (2009). Letras e Coisas.
- Ngola Mukongo e a Justiça (2009). Letras e Coisas.
- Xingandele, o Corvo de Colarinho Branco (2010). Letras e Coisas.
- Kaputu Kinjila e o Sócio dele Kambaxi Kiaxi (2010). Letras e Coisas.
- Diamandondo, o Morcego dos Três Nomes (2013). Letras e Coisas.
- Katubia Ufolo, o Pássaro-Serpente (2015). Letras e Coisas.
Tradución
[editar | editar a fonte]- A laranja mecánica de Anthony Burgess (1973)
Outras
[editar | editar a fonte]- Kapapa: pássaros e peixes (1998)
- À espera do luar (1998)
- Poesia - João-Maria Vilanova (2007). Ed. Caminho.
- O Livro dos Guerrilheiros (2009). Ed. Caminho. Política.
- Papéis da prisão (2015). Ed. Camiho.
Colaboracións nos xornais
[editar | editar a fonte]- Mensagem, da Casa dos Estudantes do Império, delegação de Lisboa, (Lisboa, 1950; 1961-1963)
- O Estudante (Luanda, 1961)
- Cultura (Luanda, 1961)
- Boletim Cultural do Huambo (Nova Lisboa, 1958)
- Jornal de Angola (Luanda 1961-1963)
- Jornal do Congo (Carmona, 1962)
- Vértice (Coímbra, 1973)
- Jornal de Luanda (1973 -?)
Premios
[editar | editar a fonte]- Grande Prémio de Novelística da Sociedade Portuguesa de Escritores (Prémio Camilo Castelo Branco) (1965)
- Prémio Sociedade Cultural de Angola (1961),
- Casa dos Estudantes do Império - Lisboa (1963)
- Prémio Mota Veiga (1963)
- Associação de Naturais de Angola (1963).
- Prémio Camões (2006)
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[8]: Escritor Galego Universal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mora, Miguel (2006-05-19). "El angoleño Luandino Vieira gana el Premio Camoens". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Diario, Nós. "A AELG nomea José Luandino Vieira "Escritor Galego Universal"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-17.
- ↑ Pereira, Gonçalo (domingo, dezembro 29, 2013). "ecosfera: Como um prémio de Novela encerrou o Jornal do Fundão". ecosfera. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Coelho, Alexandra Lucas. "“Os anos de cadeia foram muito bons para mim”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Escritor Galego Universal 2021: José Luandino Vieira". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Consultado o 16-04-2021.
- ↑ "Letralia 142. Noticias. José Luandino Vieira rechaza el premio Camões". letralia.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "José Luandino Vieira. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.